
Axustes
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
.
É posible definir e modificar varios axustes do dispositivo. A
modificación destes axustes afecta á operación de varias
aplicacións do dispositivo.
O fornecedor de servizos pode predeterminar ou enviarlle
algúns axustes nunha mensaxe especial. É posible que non
poida cambiar estes axustes.
Seleccione o axuste que quere editar para efectuar as accións
seguintes:
• Cambiar entre dous valores, como ON ou OFF.
• Seleccionar un valor nunha lista.
• Abrir o editor de texto para introducir un valor.
• Abrir un regulador e desprazar a esquerda ou a dereita
para axustar un valor.