
Axustes de conexión
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
.
Seleccione entre as seguintes opcións:
•
Bluetooth
— Editar os axustes de Bluetooth.
•
USB
— Editar os axustes do cable de datos.
•
Destinos
— Fixar novos puntos de acceso ou editar os
existentes. Pode que o fornecedor de servizos fixara
algúns ou todos os puntos de acceso para o seu
dispositivo; nese caso, é posible que non poida crealos,
editalos ou eliminalos.
•
VPN
— Xestionar os axustes de redes privadas virtuais.
•
Paquetes datos
— Defina cando se utilizan as conexións
de paquetes de datos, e introduza o nome do punto de
acceso de conmutación de paquetes predeterminado se
emprega o dispositivo como módem para un ordenador.
•
LAN inalámbrica
— Defina o dispositivo para que amose
un indicador cando haxa dispoñible unha rede LAN sen fíos
(WLAN), e defina a frecuencia coa que o dispositivo busca
redes.
•
Compartir vídeo
— Activar o compartimento de vídeo,
seleccionar o perfil SIP para compartir vídeo e definir os
axustes de almacenamento de vídeos.
•
Axustes de SIP
— Ver ou crear perfís de protocolo de
inicio de sesión (SIP).
•
Perfil de XDM
— Crear un perfil XDM. O perfil XDM é
necesario para moitas aplicacións de comunicación, como
por exemplo a presenza.
•
Presenza
— Editar os axustes de presenza (servizo de
rede). Para rexistrarse no servizo, contacte co seu
fornecedor de servizos.
•
Unid. remotas
— Conectarse a unha unidade remota.
•
Configuracións
— Ver e borrar os servidores de confianza
dos que o seu dispositivo pode recibir axustes de
configuración.
•
Control APN
— Restrinxir conexións de paquetes de
datos.