
Axustes de paquetes de datos
(GPRS)
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Paquetes datos
.
O seu dispositivo admite conexións de paquetes de datos,
coma GPRS, na rede GSM. Cando usa o seu dispositivo en redes
GSM e UMTS, é posible manter activas ao mesmo tempo varias
conexións de paquetes de datos. Os puntos de acceso poden
compartir unha conexión de datos e as conexións de datos
mantéñense activas, por exemplo, durante as chamadas de
voz.
Para definir os axustes dos paquetes de datos, seleccione
Conexión paquetes datos
e
Se está dispoñible
para
rexistrar o dispositivo na rede de paquetes de datos ao
acender o dispositivo nunca rede soportada, ou
Se cómpre
para rexistrar o dispositivo nunha rede de paquetes de datos
soamente ando unha aplicación ou acción trate de establecer
unha conexión de paquetes de datos. Este axuste afecta a
todos os puntos de acceso para conexións de paquetes de
datos. Seleccione
Punto de acceso
e introduza o nome do
punto de acceso subministrado polo seu fornecedor de
servizos para usar o dispositivo como un módem de paquetes
de datos para o seu ordenador. Para usar unha conexión de
alta velocidade, seleccione
Acceso paq. alta velocid.
>
Activado
.