
Crear grupos de punto de acceso
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Destinos
.
Algunhas aplicacións permítenlle utilizar grupos de punto de
acceso para a conexión a unha rede.
Para evitar seleccionar que punto de acceso utilizar cada vez
que o dispositivo tente conectarse a unha rede, pode crear
un grupo que conteña varios puntos de acceso e definir a orde
na que se utilizan os puntos de acceso para conectarse a unha
rede.
Por exemplo, pode engadir unha rede LAN sen fíos (WLAN) e
puntos de acceso de paquetes de datos a un grupo de puntos
de acceso á Internet e usar o grupo para navegar pola web.
Se lle outorga a prioridade máis alta ao punto de acceso á
rede WLAN, o dispositivo conectarase á Internet por medio
dunha WLAN se estivese dispoñible, e por medio dunha
conexión de paquetes de datos se non estivese.
Para crear un punto de acceso novo, seleccione
Opcións
>
Administrar
>
Novo destino
.
Para engadir puntos de acceso a un grupo de puntos de
acceso, seleccione o grupo e
Opcións
>
Novo punto de
acceso
. Para copiar un punto de acceso existente doutro
grupo, seleccione o grupo, desprácese ata un punto de acceso
existente e seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Copiar
noutro destino
.
Para cambiar a orde de prioridade dos puntos de acceso
dentro dun grupo, desprácese a un punto de acceso e
seleccione
Opcións
>
Organizar
>
Cambiar prioridade
.