
Crear un punto de acceso novo
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Destinos
.
É posible recibir os axustes do punto de acceso nunha
mensaxe dun fornecedor de servizos. Algúns ou tódolos
puntos de acceso poden preestablecerse para o dispositivo
polo seu fornecedor de servizos e pode que non sexa posible
cambialos, crealos, editalos ou eliminalos.
Cando selecciona un dos grupos de puntos de acceso ( ,
, , , ), pode ver os tipos de puntos de acceso:
indica un punto de acceso protexido
indica un punto de acceso de paquete de datos
indica un punto de acceso LAN sen fíos (WLAN)
Suxestión: Pode crear puntos de acceso á Internet
nunha WLAN co asistente de WLAN.
Para crear unha punto de acceso novo, seleccione
Punto
de acceso
. O dispositivo solicita a comprobación das
conexións dispoñibles. Despois da busca as conexións que xa
están dispoñibles amósanse e poden ser compartidas por un
punto de acceso novo. Se ignora este paso, solicitaráselle que
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
152

seleccione un método de conexión e que defina os axustes
necesarios.
Para editar os axustes dun punto de acceso, seleccione un dos
grupos de puntos de acceso, desprácese ata un punto de
acceso e seleccione
Editar
. Use as instrucións subministradas
polo seu fornecedor de servizos para editar as seguintes
opcións:
•
Nome da conexión
— Permite inserir un nome para a
conexión.
•
Portador de datos
— Seleccione o tipo de conexión de
datos.
Dependendo da conexión de datos que seleccione, só estarán
dispoñibles determinados campos de axustes. Encha todos
os campos marcados con
Cómpre definir
ou cun símbolo *
vermello. É posible deixar en branco outros campos, excepto
se o fornecedor de servizos indica o contrario.
Para utilizar unha conexión de datos, cómpre que o
fornecedor de servizos admita esta función e, se é necesario,
a active para a súa tarxeta SIM.