Nokia E55 - Puntos de acceso de paquete de datos

background image

Puntos de acceso de paquete de datos

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Conexión

>

Destinos

>

Punto de acceso

e siga as instrucións que se

amosan na pantalla. Tamén pode abrir un dos grupos de

puntos de acceso, seleccionar un punto de acceso marcado

con

e seleccionar

Editar

.

Use as instrucións subministradas polo seu fornecedor de

servizos para editar as seguintes opcións:

Nome punto de acceso

— O seu fornecedor de servizos

facilitaralle o nome do punto de acceso.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

153

background image

Nome de usuario

— É posible que sexa necesario o nome

de usuario para realizar unha conexión de datos. Este

nome de usuario obtense normalmente do fornecedor de

servizos.

Petición contrasinal

— Se quere que o dispositivo lle

solicite o contrasinal cada vez que inicia sesión nun

servidor ou se non desexa gardar o contrasinal no

dispositivo, seleccione

Si

.

Contrasinal

— É posible que sexa necesario un

contrasinal para realizar unha conexión de datos. Este

contrasinal obtense normalmente do fornecedor de

servizos.

Autenticación

— Seleccione

Segura

para enviar sempre

o seu contrasinal codificado ou

Normal

para enviar o

contrasinal codificado cando sexa posible.

Páxina de inicio

— Dependendo do tipo de punto de

acceso que configure, insira o enderezo web ou o

enderezo do centro de mensaxería multimedia.

Usar punto de acceso

— Seleccione

Tras

confirmación

para facer que o dispositivo lle solicite

confirmación antes de establecer a conexión usando este

punto de acceso ou

Automaticamente

para facer que o

dispositivo se conecte ao destino usando este punto de

acceso automaticamente.

Seleccione

Opcións

>

Axustes avanzados

e unha das

seguintes opcións:

Tipo de rede

— Seleccione o tipo de protocolo da Internet

para transferir datos dende e para o dispositivo. O resto

de axustes dependerán do tipo de rede seleccionado.

Enderezo IP teléfono

(só para IPv4): — Insira o enderezo

IP do dispositivo.

Enderezos DNS

— Insira os enderezos IP dos servidores

DNS primario e secundario, se o require o seu fornecedor

de servizos. Para obter estes enderezos, póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos da Internet.

Enderezo servidor proxy

— Insira o enderezo do

servidor proxy.

Nº de porto proxy

— Insira o número de porto do

servidor proxy.