
Restrinxir paquetes de datos
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Control APN
.
Co servizo de control do punto de acceso pode restrinxir as
conexións de paquetes de datos dende o seu dispositivo a só
certos puntos de acceso. É posible que a súa tarxeta SIM non
admita o servizo de control de punto de acceso. Para obter
máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Para restrinxir as conexións de paquetes de datos dende o
seu dispositivo, seleccione
Opcións
>
Activar restricións
.
Precisa o seu código PIN2 para activar e desactivar o control
de punto de acceso e para editar os puntos de acceso de
paquetes de datos na lista de control.
Para engadir puntos de acceso que se poidan usar para as
conexións de paquetes de datos á lista de control, seleccione
Opcións
>
Engadir nome manual.
. Para habilitar
conexións a un punto de acceso fornecido polo operador, cree
un punto de acceso baleiro.
Para eliminar puntos de acceso da lista, seleccione
Opcións
>
Eliminar
.