
Seguridade do dispositivo e da tarxeta
SIM
Para cambiar o código PIN, seleccione
Teléfono e tarxeta
SIM
>
Código PIN
. O novo código debe ter de 4 a 8 díxitos.
O código PIN protexe a súa tarxeta SIM contra o uso non
autorizado e vén subministrado coa tarxeta SIM. Se insire o
código PIN de xeito incorrecto tres veces consecutivas, o
código bloquearase e necesitará o código PUK para
desbloquealo antes de poder utilizar a tarxeta SIM de novo.
Para facer que o teclado se bloquee automaticamente
despois dun período definido, seleccione
Teléfono e tarxeta
SIM
>
Temp. bloq. autom. tecl.
.
Para definir un tempo de espera despois do que o dispositivo
se bloqueará automaticamente e só se poderá utilizar
despois de inserir o código de bloqueo correcto, seleccione
Teléfono e tarxeta SIM
>
Tempo bloq. autom. tlf.
. Insira
un número para o tempo de espera en minutos ou seleccione
Ningún
para desactivar o período de bloqueo automático.
Cando o dispositivo está bloqueado, pode recibir chamadas
entrantes e pode facer chamadas ao número de emerxencia
oficial programado no dispositivo.
Para fixar un código de bloqueo novo, seleccione
Teléfono e
tarxeta SIM
>
Código de bloqueo
. O código de bloqueo
preestablecido é 12345. Insira o código actual e, a
continuación, o novo código dúas veces. O novo código pode
ter de 4 a 255 caracteres. Pode empregar letras e números e
admítense tanto letras maiúsculas coma minúsculas. O
dispositivo avisarao se o código de bloqueo non ten o
formato correcto.