
Acerca de Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth integrada no dispositivo permite
realizar conexións sen fíos entre dispositivos electrónicos
nun espazo de 10 metros. A conexión Bluetooth pódese
empregar para enviar imaxes, vídeos, texto, tarxetas de
visita, notas da axenda ou para conectarse sen fíos a
dispositivos que utilicen a tecnoloxía Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a tecnoloxía
Bluetooth utilizan ondas de radio, o seu dispositivo e os
outros dispositivos non precisan estar apuntando uns cara
aos outros. Os dous dispositivos só precisan estar a unha
distancia máxima de 10 metros, aínda que a conexión pode
estar suxeita a interferencias de obstrucións como paredes
ou dispositivos electrónicos.
Pódense activar varias conexións Bluetooth á vez. Por
exemplo, se o seu dispositivo está conectado a un auricular,
tamén pode transferir ficheiros a outros dispositivos
compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.0
+ EDR que admite os seguintes perfís: Advanced Audio
Distribution, Audio Video Remote Control, Basic Imaging,
Basic Printing, Dial-up Networking, File Transfer, Generic
Access, Hands-free, Headset, Human Interface Device, Local
Positioning, Object Push, Phone Book Access, SIM Access,
Serial Port, Video Distribution . Para asegurar a
interoperabilidade con outros dispositivos que dispoñan de
tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados
para este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos
outros dispositivos para obter información sobre a
compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o
consumo de enerxía e reducen a duración da batería.