
Acerca da WLAN
O dispositivo pode detectar e conectarse a redes WLAN.
Mediante unha WLAN, é posible conectar o dispositivo á
Internet e a dispositivos compatibles que admitan as redes
WLAN.
Para empregar unha conexión WLAN, precisa o seguinte:
• Cómpre que exista unha WLAN dispoñible na súa
localización.
• O dispositivo debe estar conectado á WLAN. Algunhas
WLAN atópanse protexidas e cómpre dispoñer dunha clave
de acceso do fornecedor de servizos para conectarse a elas.
• Un punto de acceso á Internet creado para a WLAN. Utilice
o punto de acceso para as aplicacións que necesitan
conectarse á Internet.
As conexións WLAN establécense cando crea unha conexión
de datos mediante un punto de acceso á Internet WLAN. A
conexión WLAN activa finaliza cando finaliza a conexión de
datos.
É posible utilizar a WLAN durante as chamadas de voz ou
cando o paquete de datos está activo. Só pode estar
conectado a un dispositivo de punto de acceso WLAN á vez,
pero varias aplicacións poden utilizar o mesmo punto de
acceso.
Nota: En Francia, unicamente está autorizado a
empregar as redes WLAN en lugares interiores.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
131

As funcións que utilizan a WLAN, ou as que teñen autorización
para executarse en segundo plano mentres se utilizan outras
funcións, aumentan a demanda de enerxía da batería e
reducen a vida útil da mesma.
O dispositivo admite as seguintes funcións WLAN:
• IEEE 802.11b/g estándar
• Funcionamento a 2,4 GHz
• Wired Equivalent Privacy (WEP - privacidade equivalente á
de sistemas de cables), Wi-Fi Protected Access (WPA/WPA2
- acceso protexido WIFI) e os métodos de autenticación
802.1x. Estas funcións poden empregarse tan só se son
compatibles coa rede.
Importante: Active sempre un dos métodos de
cifrado dispoñibles para aumentar a seguridade da conexión
LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce o risco de que
accedan de xeito non autorizado aos seus datos.
Se o dispositivo está no perfil Desconectado, aínda poderá
utilizar a WLAN (se está dispoñible). Recorde cumprir con
todos os requisitos de seguridade aplicables cando estableza
e utilice unha conexión WLAN.
Suxestión: Para consultar o enderezo MAC único que
identifica o seu dispositivo, insira *#62209526# na
pantalla de inicio.