
Asistente de WLAN
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Asist.
WLAN
.
O asistente WLAN axúdalle a buscar e conectarse a unha LAN
(WLAN) sen fíos. Cando abre a aplicación, o dispositivo
comeza a buscar redes WLAN e amósaas en forma de lista.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
•
Actualizar
— Actualice a lista de WLAN dispoñibles.
•
Filtrar redes WLAN
— Permite filtrar as WLAN na lista de
redes atopadas. As redes seleccionadas filtraranse a
próxima vez que a aplicación busque WLAN.
•
Iniciar navegación web
— Comezar a navegar na web
usando o punto de acceso da WLAN.
•
Continuar navegac. web
— Seguir navegando na web
usando a conexión WLAN activa nese momento.
•
Desconectar WLAN
— Desconectar a conexión activa á
WLAN.
•
Detalles
— Ver os detalles da WLAN.
Importante: Active sempre un dos métodos de
cifrado dispoñibles para aumentar a seguridade da conexión
LAN sen fíos. A utilización do cifrado reduce o risco de que
accedan de xeito non autorizado aos seus datos.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
132

Usar o asistente de WLAN na pantalla de inicio
Na pantalla de inicio o asistente de WLAN amosa o estado das
buscas de redes e conexións de WLAN. Se o asistente WLAN
non está activado por defecto na pantalla de inicio, pode
activalo nos axustes da pantalla de inicio. Para ver as opcións
dispoñibles, seleccione a fileira que amosa o estado.
Dependendo do estado, pode iniciar o navegador web
usando unha conexión WLAN, conectar co seu servizo de
chamadas da Internet, desconectarse dunha WLAN, buscar
redes WLAN, ou activar ou desactivar a busca de redes.
Se a busca de WLAN está desactivada e non está conectado a
ningunha WLAN, amosarase
Búsqueda WLAN desactivada
na pantalla de inicio. Para habilitar a busca de WLAN e buscar
redes WLAN dispoñibles, seleccione a fileira que amosa o
estado.
Para iniciar unha busca de redes WLAN dispoñibles,
seleccione a fileira que amosa o estado e
Buscar WLAN
.
Para deshabilitar a busca de redes WLAN, seleccione a fileira
que amosa o estado e
Descon. búsq. WLAN
.
Cando se selecciona
Iniciar navegación web
ou
Usar para
,
o asistente de WLAN crea automaticamente un punto de
acceso para a WLAN seleccionada. O punto de acceso tamén
se pode utilizar con outras aplicacións que requiren unha
conexión WLAN.
Se selecciona unha rede WLAN segura, solicitaráselle que
insira os códigos correspondentes. Para conectarse a unha
rede oculta, debe introducir o identificador de configuración
do servizo correcto (SSID).
Para usar a WLAN atopada nunha conexión de chamada da
Internet, seleccione a fileira que amosa o estado,
Usar
para
, o servizo de chamada da Internet desexado e a WLAN
que quere usar.