Perfil de acceso SIM
Co perfil de acceso SIM, pode acceder á tarxeta SIM do seu
dispositivo dende un dispositivo de kit de coche compatible.
Desta forma, non precisa unha tarxeta SIM independente
para acceder aos datos de tarxeta SIM e conectarse á rede
GSM.
Para usar o perfil de acceso SIM, precisa o seguinte:
• Un dispositivo de kit de coche compatible que admita a
tecnoloxía sen fíos Bluetooth
• Unha tarxeta SIM válida no seu dispositivo
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só poderá
utilizar un accesorio conectado compatible, como un kit de
automóbil, para efectuar ou recibir chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará ningunha chamada,
excepto aos números de emerxencia programados no
dispositivo, cando se atope en modo SIM remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá abandonar o modo
SIM remoto. Se se bloqueou o dispositivo, primeiro insira o
código de bloqueo para desbloquealo.
Para obter máis información dos dispositivos de kit de coche
e a compatibilidade co seu dispositivo, visite o sitio web de
Nokia e a guía do usuario do kit de coche.
Usar o perfil de acceso SIM
1. Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
e
Modo SIM remota
>
Activado
.
2. Active a conectividade Bluetooth no kit de coche.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
130
3. Use o kit de coche para comezar a buscar dispositivos
compatibles. Para obter instrucións, consulte a guía do
usuario do kit de coche.
4. Seleccione o seu dispositivo da lista de dispositivos
compatibles.
5. Para vincular os dispositivos, introduza o código
Bluetooth que se amosa na pantalla do kit de coche no
seu dispositivo.
Suxestión: Se xa accedeu a tarxeta SIM dende o kit de
coche co perfil de usuario activo, o kit de coche busca
automaticamente un dispositivo coa tarxeta SIM. Se
atopa o seu dispositivo e está activada a autorización
automática, o kit de coche conéctase
automaticamente á rede GSM ao acender o coche.
Cando se activa o perfil de acceso SIM remota, pode usar
aplicacións no seu dispositivo que non precisen a rede ou os
servizos SIM.
Para facer conexións entre o dispositivo e o kit de coche sen
unha aceptación ou autorización, seleccione
Menú
>
Pan.
control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
e abra a ficha de
dispositivos vinculados. Seleccione o kit de coche e
Fixar
como autorizado
e responda
Si
á pregunta de confirmación.
Se o kit de coche se configurou como non autorizado, as
solicitudes de conexión dende o mesmo débense aceptar de
cada vez.
Para finalizar a conexión de acceso SIM remota dende o seu
dispositivo, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Conectivid.
>
Bluetooth
e
Modo SIM remota
>
Desactivado
.