
Acerca dos métodos de
posicionamento
Mapas amosa a súa situación no mapa mediante GPS, A-GPS
ou posicionamento baseado no ID de móbil.
O sistema de posicionamento global (GPS) é un sistema de
navegación baseado en satélite que se emprega para calcular
a súa situación. O GPS asistido (A-GPS) é un servizo de rede
que envía datos GPS ao seu dispositivo mellorando deste
xeito a velocidade e a exactitude do cálculo de
posicionamento.
Cando utilice Mapas por primeira vez, pediráselle que defina
un punto de acceso a Internet que se utilizará para descargar
información de mapas ou usar o sistema A-GPS.
indica a dispoñibilidade dos sinais de satélite.
Cada barra representa un satélite. Cando o dispositivo está a
buscar sinais de satélite, a barra aparece en amarelo. Cando
hai datos dabondo para calcular a súa posición, a barra
vólvese verde. Cantas máis barras verdes haxa, máis fiable
será o cálculo da posición.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
85

O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo
goberno dos Estados Unidos, que é o único responsable da
precisión e mantemento do sistema. A precisión dos datos de
localización pode verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está
suxeita a modificacións procedentes da política de GPS civil
do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e do Plan de
radionavegación federal (Federal Radionavigation Plan). A
precisión tamén pode verse afectada pola xeometría de baixo
nivel do satélite. A dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS
poden verse afectadas pola súa localización, os edificios e os
obstáculos naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean
dispoñibles no interior dos edificios ou en pasos
subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible a
través de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha
localización precisa e vostede non debe depender só dos
datos de localización procedentes do receptor GPS nin das
redes de radio móbil para determinar posicións nin para a
navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo que é posible que
se produzan erros de redondeo. A precisión tamén se pode
ver afectada pola dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS.
No posicionamento baseado no ID de móbil, a posición
determínase mediante a antena de telefonía móbil á que está
conectado o seu dispositivo nese momento.
Segundo o método de posicionamento dispoñible, a
exactitude da posición pode variar dende uns metros a varios
quilómetros.