Buscar unha posición
Mapas axúdalle a atopar lugares específicos e tipos de
negocios que busca.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
GPS
>
Mapas
e
Buscar
lugares
.
1. Introduza os termos de busca como, por exemplo, un
enderezo ou un código postal. Para borrar o campo de
busca, seleccione
Borrar
.
2. Seleccione
Ir
.
3. Na lista de coincidencias propostas, desprácese ata o
elemento desexado. Para amosar o lugar no mapa,
seleccione
Mapa
.
Para ver no mapa os outros lugares da lista de resultados,
desprácese cara arriba e cara abaixo coa tecla de
desprazamento.
Volver á lista de coincidencias propostas — Seleccione
Lista
.
Buscar distintos tipos de lugares próximos — Seleccione
Explorar categorías
e unha categoría como, por exemplo,
compras, aloxamento ou transporte.
Se non se atopan resultados de busca, comprobe que os
termos de busca estean ben escritos. Os problemas derivados
da conexión a Internet tamén poden afectar aos resultados
de buscas en liña.
Se ten mapas da zona explorada almacenados no teléfono,
poderá obter resultados de busca sen necesidade de estar
conectado a Internet. Deste xeito evitará os custos derivados
da transferencia de datos.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
86