
Compartir a posición
Publique a súa posición actual en Facebook e engada texto e
unha foto. Os seus amigos de Facebook poderán ver a súa
posición nun mapa.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
GPS
>
Mapas
e
Compartir posición
.
Para compartir a posición cómpre ter unha conta Nokia e
unha conta de Facebook.
1. Seleccione
Compartir posición
.
2. Inicie sesión na súa conta Nokia ou, se aínda non posúe
unha, seleccione
Crear nova conta
.
3. Inicie sesión na súa conta de Facebook.
4. Seleccione a súa posición actual.
5. Actualice o seu estado.
6. Para engadir unha foto, seleccione
Engadir unha foto
.
7. Seleccione
Compartir posición
.
Xestión da conta de Facebook — Na vista principal,
seleccione
Opcións
>
Conta
>
Axustes para compartir
lugares
>
.
Para poder compartir a posición e ver a dos outros usuarios,
cómpre estar conectado a Internet. Isto pode implicar custos
por tráfico de datos derivados da transmisión de grandes
cantidades de datos.
O uso compartido da posición en Facebook está rexido polos
termos de uso de Facebook aplicables. Antes de usar este
servizo, familiarícese cos termos de uso e as prácticas de
privacidade de Facebook e considere detidamente se desexa
revelar os seus datos de posición ou ver a posición de outros
usuarios.
Antes de compartir a súa posición, pense ben con que a vai
compartir. Comprobe a configuración de seguridade da rede
social utilizada xa que a súa posición podería ser vista por un
gran número de usuarios.