
Planificación de rutas
Planifique a súa viaxe, cree a súa ruta e véxaa no mapa antes
de partir de viaxe.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
GPS
>
Mapas
e
A miña
posición
.
Crear unha ruta
1. Diríxase ao seu punto de inicio.
2. Prema a tecla de desprazamento e seleccione
Engadir á
ruta
.
3. Para engadir outro punto da ruta, seleccione
Eng. novo
punto de ruta
e a opción axeitada.
Cambiar a orde dos puntos da ruta
1. Diríxase a un punto da ruta.
2. Prema a tecla de desprazamento e seleccione
Mover
.
3. Diríxase ata o lugar ao que desexe mover o punto da ruta
e seleccione
Aceptar
.
Editar a localización dun punto da ruta — Diríxase ao
punto da ruta, prema a tecla de desprazamento e seleccione
Editar
e a opción axeitada.
Ver a ruta no mapa — Seleccione
Amos. ruta
.
Navegación ata o destino desexado — Seleccione
Amos.
ruta
>
Opcións
>
Empezar a conducir
ou
Empezar a
camiñar
.
Cambiar os axustes dunha ruta
Os axustes da ruta afectan á guía de navegación e á forma na
que se amosa a ruta no mapa.
1. Na vista do planificador de rutas, abra a pestana Axustes.
Para obter a vista do planificador de rutas dende a vista
de navegación, seleccione
Opcións
>
Ptos. de ruta
ou
Listaxe de puntos de ruta
.
2. Axuste o modo de transporte en
Conducir
ou
Camiñar
.
Se selecciona
Camiñar
, as rúas de sentido único
considéranse rúas normais e pódense utilizar paseos e
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
91

rutas a través de, por exemplo, parques e centros
comerciais.
3. Seleccione a opción desexada.
Seleccionar o modo a pé — Abra a pestana Axustes e
seleccione
Camiñar
>
Ruta preferida
>
Rúas
ou
Liña
recta
.
Liña recta
é útil en zonas sen estradas, xa que indica
a dirección na que se debe camiñar.
Utilizar a ruta de condución máis rápida ou curta — Abra
a pestana Axustes e seleccione
Conducir
>
Selección de
ruta
>
Ruta máis rápida
ou
Ruta máis curta
.
Utilizar a ruta de condución optimizada — Abra a pestana
Axustes e seleccione
Conducir
>
Selección de ruta
>
Optimizada
. A ruta de condución optimizada combina as
vantaxes de tanto as rutas máis curtas como as máis rápidas.
Tamén pode seleccionar permitir ou evitar a utilización de,
por exemplo, autovías, estradas de peaxe ou barcos de
pasaxe.