
Sincronizar os seus Favoritos
Planifique unha viaxe no seu ordenador no sitio web de
Mapas Ovi, sincronice os lugares, rutas e coleccións gardados
co seu dispositivo móbil e acceda ao plan dende calquera
lugar.
Para sincronizar lugares, rutas ou coleccións entre o seu
dispositivo móbil e o servizo da Internet de Mapas Ovi,
cómpre dispoñer dunha conta Nokia. Se non dispón dunha,
na vista principal, seleccione
Opcións
>
Conta
>
Conta
Nokia
>
Crear nova conta
.
Sincronizar lugares, rutas e coleccións gardados —
Seleccione
Favoritos
>
Sincronizar con Ovi
. Se non dispón
dunha conta Nokia, solicitaráselle crear unha.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
88

Axustar o dispositivo para sincronizar Favoritos
automaticamente — Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Sincronización
>
Cambiar
>
Ao iniciar e ao apagar
.
A sincronización require unha conexión á Internet activa e
pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos
a través da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en
contacto co seu provedor do servizo para obter información
acerca das tarifas de transmisión de datos.
Para utilizar o servizo da Internet de Mapas Ovi, diríxase á
páxina web www.ovi.com.