
Ver a súa posición e o mapa
Vexa a súa posición actual no mapa e explore mapas de
diferentes cidades e países.
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
GPS
>
Mapas
e
A miña
posición
.
Cando a conexión GPS está activa,
indica no mapa a súa
posición actual ou última coñecida. Se as cores da icona son
débiles, o sinal GPS non está dispoñible.
Cando unicamente está dispoñible o posicionamento
baseado no ID de móbil, un halo vermello ao redor da icona
de posicionamento indica a zona na que pode estar. A
exactitude da estimación aumenta en áreas de poboación
densa.
Desprazamento polo mapa — Use a tecla de
desprazamento. O mapa está orientado cara ao norte por
defecto.
Ver a posición actual ou última coñecida — Prema 0.
Ampliar e reducir — Prema as teclas de maiúsculas
esquerda ou dereita, ou a tecla de maiúsculas e a tecla de
retroceso, dependendo do seu teléfono.
Se explora unha zona que non está cuberta polos mapas
almacenados no seu dispositivo e hai unha conexión de datos
activa, descargarase automaticamente un mapa novo.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
84

A cobertura de mapas varía segundo o país ou a rexión.