
Consellos para crear unha
conexión GPS
Comprobación do estado do sinal de satélite
Para comprobar cantos satélites atopou o teléfono e se está
a recibir os seus sinais, seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
GPS
e
Datos GPS
>
Opcións
>
Estado do satélite
.
Se o dispositivo atopou satélites,
aparece unha barra por cada
satélite na vista de información
acerca de satélites. Canto máis
longa sexa a barra, maior
intensidade terá o sinal do satélite.
Se o dispositivo recibiu información abondo do sinal do
satélite para calcular as coordenadas da súa posición, a barra
cambia de cor.
Para ver a posición dos satélites atopados, seleccione
Camb.
vista
.
Primeiro, o dispositivo debe recibir sinais de catro satélites
como mínimo para poder calcular as coordenadas da súa
posición. Despois do cálculo inicial pode que sexa posible
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
81

seguir calculando as coordenadas da súa posición con tres
satélites. No entanto, a precisión adoita mellorar cando se
atopan máis satélites.
Se non se atopa ningún sinal de satélite, o problema pode
radicar nun dos puntos seguintes:
• Se se atopa nun lugar interior, diríxase ao exterior para
recibir un sinal mellor.
• Se se atopa ao aire libre, desprácese ata un espazo máis
aberto.
• Asegúrese de que a súa man non tapa a antena GPS do
dispositivo.
• Se as condicións climáticas non son boas, a intensidade do
sinal pódese ver afectada.
• Algúns vehículos posúen cristais tinxidos (atérmicos) que
poden bloquear os sinais dos satélites.