
Calculadora
Seleccione
Menú
>
Oficina
>
Calculadora
.
A calculadora dispón de precisión limitada e está deseñada
para efectuar cálculos simples.
Para realizar un cálculo, insira o primeiro número deste.
Seleccione unha función como sumar ou restar do mapa de
funcións. Insira o segundo número do cálculo e seleccione
=. A calculadora realiza as operacións na orde na que se
insiren. O resultado do cálculo permanece no cadro do editor
e pódese utilizar como o primeiro número dun novo cálculo.
O dispositivo garda na memoria o resultado do último
cálculo. Se sae da Calculadora ou apaga o dispositivo non
borrará a memoria. Para recuperar o último resultado
gardado a próxima vez que abra a Calculadora, seleccione
Opcións
>
Último resultado
.
Para gardar os números ou resultados dun cálculo, seleccione
Opcións
>
Memoria
>
Gardar
.
Para recuperar da memoria os resultados dun cálculo e
utilizalos noutro cálculo, seleccione
Opcións
>
Memoria
>
Recuperar
.