Reloxo mundial
Seleccione
Menú
>
Aplicacións
>
Reloxo
.
Para ver a hora en diferentes lugares, abra a ficha do reloxo
mundial. Para engadir localidades á lista, seleccione
Opcións
>
Engadir situación
. Pode engadir un máximo de
15 localidades á lista.
Para axustar a súa localidade actual, desprácese ata unha
localidade e seleccione
Opcións
>
Fixar coma situac.
actual
. A localidade amósase na vista principal do reloxo e a
hora do teléfono cambia de acordo coa localidade
seleccionada. Asegúrese de que a hora é correcta e coincide
coa súa zona horaria.