
Accións comúns a varias
aplicacións
As seguintes accións pódense atopar en varias aplicacións:
Para cambiar o perfil, apagar ou bloquear o dispositivo,
prema brevemente a tecla de acendido.
Se unha aplicación ten varias
fichas (ver ilustración), desprácese
cara á dereita ou esquerda para
abrir unha desas fichas.
Para gardar os axustes despois de
configurar unha aplicación,
seleccione
Atrás
.
Para gardar un ficheiro, seleccione
Opcións
>
Gardar
. Hai
distintas opcións de almacenamento segundo a aplicación
que se estea a utilizar.
Para enviar un ficheiro, seleccione
Opcións
>
Enviar
. Pode
enviar un ficheiro ben nun correo electrónico ou nunha
mensaxe multimedia, ben empregando diversos métodos de
conectividade.
Para copiar, manteña pulsada a tecla maiúsculas e seleccione
o texto coa tecla de desprazamento. Manteña pulsada a tecla
maiúsculas e seleccione
Copiar
. Para pegar, desprácese ata
onde queira pegar o texto, manteña pulsada a tecla
maiúsculas e seleccione
Pegar
. Este método pode non
funcionar en aplicacións que teñan os seus propios comandos
de copiar e pegar.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
29

Para seleccionar distintos elementos, como por exemplo
mensaxes, ficheiros ou contactos, desprácese ata o elemento
que desexe seleccionar. Seleccione
Opcións
>
Marcar/
Desmarcar
>
Marcar
para seleccionar un elemento ou
Opcións
>
Marcar/Desmarcar
>
Marcar todo
para
seleccionar todos os elementos.
Suxestión: Para seleccionar case todos os elementos,
seleccione primeiro
Opcións
>
Marcar/Desmarcar
>
Marcar todo
, logo seleccione os elementos que non
desexa e
Opcións
>
Marcar/Desmarcar
>
Desmarcar
.
Para seleccionar un obxecto (por exemplo, un anexo nun
documento) desprácese ata o obxecto de xeito que aparezan
uns marcadores cadrados a cada lado do obxecto.