Nokia E55 - Introdución de texto preditivo

background image

Introdución de texto preditivo

Coa introdución preditiva pode introducir calquera letra

pulsando unha tecla unha soa vez. A inserción de texto

preditivo baséase nun dicionario incorporado.
Para activar ou desactivar a introdución de texto preditivo,

seleccione

Opcións

>

Opcións de entrada

. O indicador

visualízase. Ao empezar a escribir unha palabra, o

dispositivo propón palabras posibles. Cando atope a palabra

correcta, prema a tecla de espazo (0) para confirmala e

engadir un espazo. Ao escribir pode desprazarse cara a

abaixo para acceder a unha lista das palabras propostas. Se

a palabra desexada está na lista, selecciónea. Se se visualiza

o carácter ? despois da palabra, a palabra que pretende

escribir non se atopa no dicionario. Para engadir unha

palabra ao dicionario, seleccione

Escribir

, introduza a

palabra mediante a entrada de texto tradicional e seleccione

Aceptar

. Cando o dicionario está cheo, a palabra nova

substitúe a palabra máis vella.
Para desactivar a función de completar palabras

automaticamente, seleccione

Opcións

>

Opcións de

entrada

>

Axustes

.

Para cambiar o idioma de escritura, seleccione

Opcións

>

Opcións de entrada

>

Idioma de escritura

.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

28