Indicadores da pantalla
O dispositivo estase a utilizar nunha rede UMTS
(servizo de rede).
O nivel de carga da batería. Canto máis alta sexa a
barra, maior será o nivel de carga da batería.
Ten unha ou máis mensaxes sen ler na carpeta Caixa
de entrada en Mensaxería.
Recibiu correo electrónico novo na caixa do correo
remoto.
Hai mensaxes esperando a saír na carpeta Caixa de
saída en Mensaxería.
Ten unha ou máis chamadas perdidas.
As teclas do dispositivo están bloqueadas.
Unha alarma está activada.
Activou o perfil de silencio e o dispositivo non avisa
con ton dunha chamada ou dunha mensaxe
entrantes.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
26
A conectividade Bluetooth está activada.
Establécese unha conexión Bluetooth. Cando o
indicador escintila, o dispositivo está intentando
conectar con outro dispositivo.
Hai unha conexión de paquete de datos GPRS
dispoñible (servizo de rede). indica que a conexión
está activada. indica que a conexión está en
espera.
Hai unha conexión de paquete de datos EGPRS
dispoñible (servizo de rede). indica que a conexión
está activada. indica que a conexión está en
espera.
Hai unha conexión de paquete de datos UMTS
dispoñible (servizo de rede). indica que a conexión
está activada. indica que a conexión está en
espera.
O acceso de paquetes a alta velocidade (HSPA) é
admitido e está dispoñible (servizo de rede). A icona
pode variar en cada rexión. indica que a conexión
está activada. indica que a conexión está en
espera.
Axustou o dispositivo para buscar redes LAN sen fíos
(WLAN) e hai unha WLAN dispoñible.
Unha conexión WLAN está activa nunha rede que
non ten cifrado.
Unha conexión WLAN está activa nunha rede que ten
cifrado.
O dispositivo está conectado a un ordenador cun
cable de datos USB.
Estase a utilizar a segunda liña telefónica (servizo de
rede).
Todas as chamadas se desvían a outro número. Se
ten dúas liñas de teléfono, un número indica a liña
activa.
Hai uns auriculares conectados ao dispositivo.
Hai un kit de automóbil de mans libres conectado ao
dispositivo.
Hai un amplificador auditivo conectado ao
dispositivo.
Hai un teléfono de texto conectado ao dispositivo.
O dispositivo está a sincronizar.
Hai unha conexión Premer para falar (PTT) en curso.
A conexión de Premer para falar está en modo de
non molestar porque o tipo de ton do dispositivo
está axustado en
Un bip
ou en
Silencio
, ou vostede
ten unha chamada entrante ou en curso. Neste
modo non pode facer chamadas PTT.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
27