Glosario
Glosario
3G
Comunicacións móbiles de terceira
xeración. Un sistema dixital para
comunicacións móbiles destinado ao uso
global e ofrece maior ancho de banda. 3G
permite a un usuario dun dispositivo móbil
acceder a moitos servizos, como á
multimedia.
Modo de
funcionament
o ad hoc
Un modo de rede WLAN onde dous ou máis
dispositivos se conectan entre eles coa
WLAN directamente sen un punto de acceso
WLAN.
Cookies
As cookies son pequenas pezas de
información que o servidor lle da a vostede
para almacenar a información das súas
visitas a un sitio web. Se acepta as cookies,
o servidor poderá avaliar o seu uso do sitio
web, en qué se interesa vostede, qué quere
ler, etc.
DNS
Servizo nome do dominio. Un servizo da
Internet que traduce nomes de dominio
como www.nokia.com en direccións IP
como 192.100.124.195. Os nomes de
dominios son máis sinxelos de recordar,
pero esta tradución é necesaria porque a
Internet está baseada en direccións IP.
Tons DTMF
Tons duais de varias frecuencias. O sistema
DTMF é o empregado polos teléfonos de
marcación por tons. O DTMF asigna unha
frecuencia específica ou ton a cada tecla, de
xeito que pode ser recoñecida de forma
sinxela por un microprocesador. Os tons
DTMF permítenlle comunicarse con caixas
de correo de voz, sistemas telefónicos por
ordenador, etc.
EAP
Protocolo de autenticación extensible. Os
plug-ins EAP empréganse en redes sen fíos
para autenticar dispositivos sen fíos e
servidores de autenticación.
EGPRS
GPRS mellorado. O EGPRS é similar ao GPRS,
pero permite unha conexión máis rápida.
Para consultar a dispoñibilidade e
velocidade de transferencia de datos,
póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
162
GPRS
Servizo de paquete de radio xeral. GPRS
permite aos dispositivos móbiles o acceso
sen fíos a redes de datos (servizo de rede).
GPRS usa tecnoloxía de paquetes de datos,
onde a información circula en pequenos
refachos de datos a través da rede móbil. O
beneficio de enviar datos en paquetes é que
a rede está ocupada só ao enviar e recibir
datos. Dado que o GPRS usa a rede de forma
eficiente, o que permite unha configuración
de conexión de datos rápida e altas
velocidades de transmisión.
É preciso que se subscriba ao servizo GPRS.
Para consultar a dispoñibilidade e a
subscrición ao GPRS, contacte co seu
fornecedor de servizos.
Durante unha chamada de voz vostede non
pode establecer unha conexión GPRS, e
retense calquera conexión GPRS existente a
non ser que a rede soporte o modo de
transferencia dual.
GPS
Sistema de posicionamento global. O GPS é
un sistema de radionavegación mundial.
HSDPA
Acceso para a descarga de datos por
paquetes a alta velocidade. HSDPA ofrece
entrega de datos a alta velocidade a
terminais 3G, o que garantirá que os
usuarios que necesitan capacidades
multimedia eficaces aproveiten as
velocidades que antes non estaban
dispoñibles polas limitacións das redes de
acceso por radio.
HTTP
Protocolo de transferencia de hipertexto.
Un protocolo de transferencia de
documentos usado na web.
HTTPS
HTTP nunha conexión segura.
IMAP4
Protocolo de acceso ao correo na Internet,
versión 4. Un protocolo usado para acceder
á súa caixa do correo remota.
Punto de
acceso da
Internet
Un punto de acceso é onde o seu dispositivo
se conecta á rede. Para usar o correo e
servizos multimedia ou para se conectar á
Internet e examinar páxinas web, deberá
definir en primeiro lugar os puntos de
acceso á Internet para estes servizos.
Modo de
funcionament
o de
infraestrutura
Un modo de rede WLAN onde os
dispositivos conéctanse á WLAN cun punto
de acceso WLAN.
PIN
Número de identidade persoal. O código
PIN protexe o seu dispositivo dun uso non
autorizado. O código PIN fornécese coa
tarxeta SIM. Se a solicitude de código PIN
está activa, pídese o código cada vez que se
acende o dispositivo. O código PIN debe ter
de 4 a 8 díxitos de lonxitude.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
163
PIN2
O código PIN2 fornécese con algunhas
tarxetas SIM. O código PIN2 pídese para
acceder a certas funcións admitidas pola
tarxeta SIM. A lonxitude do código PIN2 é de
4 a 8 díxitos.
POP3
Protocolo de correo, versión 3. Un protocolo
de correo frecuente que vostede pode usar
para acceder á súa caixa de correo remota.
PUK e PUK2
Código de desbloqueo persoal. Os códigos
PUK e PUK2 requírense para modificar un
código PIN ou PIN2 bloqueado,
respectivamente. A lonxitude do código é
de 8 díxitos.
SIP
Protocolo de iniciación de sesión. O SIP
úsase para crear, modificar e finalizar certos
tipos de sesións de comunicación cun ou
máis participantes.
SSID
Identificador de configuración do servizo.
SSID é o nome que identifica a WLAN
específica.
Transmisión
A transmisión de ficheiros de audio e vídeo
consiste en reproducir estes ficheiros
directamente na web, sen descargalos
previamente no seu dispositivo.
UMTS
Sistema de telecomunicacións móbil
universal. UMTS e un sistema de
comunicación móbil 3G. Xunto con voz e
datos, UMTS permite a entrega de son e
vídeo en dispositivos sen fíos.
Cando se utiliza o dispositivo en redes GSM
e UMTS, pode haber varias conexións de
datos activas ao mesmo tempo e os puntos
de acceso poden compartir unha conexión
de datos. Na rede UMTS, as conexións de
datos seguen activas durante as chamadas
de voz. Por exemplo, pode examinar a web
máis rápido que nunca antes á vez que fala
polo teléfono.
UPIN
Código PIN usado na rede UMTS.
UPUK
Código de desbloqueo UPIN. O código UPUK
requírese para modificar un código UPIN ou
PIN2 bloqueado. A lonxitude do código é de
8 díxitos.
USIM
Tarxeta PIN usada na rede UMTS.
Comando
USSD
Unha petición de servizo, como a petición
de activar unha aplicación ou configurar
varios axustes de xeito remoto, que pode
enviar ao seu operador ou fornecedor de
servizos co seu dispositivo.
VoIP
Voz a través da tecnoloxía IP. VoIP é un
conxunto de protocolos que posibilitan as
chamadas telefónicas a través dunha rede
IP, como a Internet.
VPN
Rede privada virtual. VPN crea unha
conexión segura á intranet e servizos
colectivos compatibles, coma o correo.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
164
WAP
Protocolo de aplicación sen fíos. WAP é un
estándar internacional para a
comunicación sen fíos.
WEP
Mesma privacidade que a transmisión por
fíos. WEP é un método de cifrado que cifra
os datos antes de transmitilos na WLAN.
WLAN
Rede local sen fíos.
WPA
Acceso protexido a Wi-Fi. Método de
seguridade para WLAN.
WPA2
Acceso protexido a Wi-Fi 2. Método de
seguridade para WLAN.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
165