Coidado do dispositivo
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía
superiores e debe ser tratado con coidado. As seguintes
suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da garantía.
• Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade
e todos os tipos de líquidos poden conter minerais que
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
172
produzan a corrosión dos circuítos electrónicos. Se o
dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e
agarde a que o dispositivo se seque completamente antes
de volver a colocala.
• Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios e
poeirentos, xa que poderían producirse danos nas súas
pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.
• Non garde o dispositivo a temperaturas elevadas ou
reducidas. As temperaturas elevadas poden reducir a vida
útil dos dispositivos electrónicos, danar as baterías e
deformar ou derreter determinados plásticos. Cando o
dispositivo regrese á súa temperatura normal dunha
temperatura reducida, é posible que se forme humidade
no interior do mesmo e que se produzan danos nas placas
dos circuítos electrónicos.
• Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao
indicado nesta guía.
• Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo
brusco pode producir a rotura das placas dos circuítos e
do mecanismo interno.
• Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de
limpeza nin deterxentes concentrados para limpar o
dispositivo. Utilice só un pano seco, suave e limpo para
limpar a superficie do dispositivo.
• Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas
móbiles e impedir o funcionamento axeitado.
• Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha
autorizada polo fabricante. A utilización de antenas,
modificacións ou accesorios non autorizados pode danar
o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de
dispositivos de radio.
• Utilice os cargadores en lugares interiores.
• Cree unha copia de seguridade dos datos que desexe
manter, como os contactos e as notas do calendario.
• Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un
rendemento óptimo, apágueo e retire a batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á
batería, ao cargador ou a calquera accesorio.