Nokia E55 - Entorno operativo

background image

Entorno operativo

Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a

radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de uso

no oído ou cando se coloca polo menos a unha distancia de

2,2 centímetros do corpo. Se se utiliza unha funda de

transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte para

utilizar o produto pegado ao corpo, estes non deberán conter

ningunha peza de metal e deberá colocar o dispositivo á

distancia indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre dispoñer

dunha conexión de calidade á rede. É posible que o envío de

ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata que se atope

dispoñible a mencionada conexión. Respecte as instrucións

sobre a distancia de separación ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible

que os materiais metálicos sexan atraídos polo dispositivo.

Non coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de

almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é

posible que se elimine a información almacenada neles.