Nokia E55 - Axustes da web

background image

Axustes da web

Seleccione

Menú

>

Internet

>

Web

e

Opcións

>

Axustes

e unha das opcións seguintes:

Axustes xerais

Punto de acceso

— Permite cambiar o punto de acceso

predeterminado. É posible que o fornecedor de servizos

preestableza algúns ou todos os puntos de acceso para o

seu dispositivo. É posible que non poida cambialos,

crealos, editalos ou eliminalos.

Páxina de inicio

— Permite definir a páxina de inicio.

Minimapa

— Permite activar ou desactivar o Minimapa.

O minimapa axuda a navegar polas páxinas web.

Lista de historial

— Se selecciona

Activada

, durante a

navegación, para ver unha lista das páxinas visitadas

durante a sesión actual, seleccione

Atrás

.

Advertencias seguridade

— Permite ocultar ou amosar

notificacións de seguridade.

Script Java/ECMA

— Permite activar ou desactivar o uso

de secuencias de comandos.

Erros de script Java/ECMA

— Permite seleccionar se

desexa recibir notificacións de secuencias de comandos.

Axustes da páxina

Cargar contido

— Permite seleccionar se desexa cargar

imaxes e outros obxectos durante a navegación. Se

selecciona

Só texto

, para cargar imaxes ou obxectos

posteriormente durante a navegación, seleccione

Opcións

>

Opcións visualización

>

Cargar imaxes

.

Codificación predeterm.

— Se os caracteres de texto non

se amosan correctamente, é posible seleccionar outra

codificación correspondente ao idioma da páxina actual.

Bloquear fiestras emerx.

— Permite admitir ou

bloquear a abertura automática de diferentes fiestras

emerxentes mentres durante a navegación.

Recarga automática

— Permite seleccionar se desexa

que as páxinas web se actualicen automaticamente

durante a navegación.

Tamaño de fonte

— Permite definir o tamaño de fonte

que desexa que se utilice nas páxinas web.

Axustes de privacidade

Últimas webs visitadas

— Permite activar ou desactivar

a compilación de favoritos automática. Se desexa

continuar gardando os enderezos das páxinas web

visitadas no cartafol

Últimas webs visitadas

, pero

desexa ocultar o cartafol da vista dos favoritos, seleccione

Ocultar carpeta

.

Gardar datos formulario

— Permite seleccionar se

desexa que os datos do contrasinal ou os datos

introducidos en diferentes formularios dunha páxina web

se garden e utilicen a próxima vez que abra a páxina.

Cookies

— Permite activar ou desactivar a recepción e o

envío de cookies.

Axustes das fontes web

Punto acceso act. auto.

— Permite seleccionar o punto

de acceso desexado para a actualización. Esta opción só

está dispoñible cando

Actualizacións auto.

se atopa

activo.

Actualizar en itinerancia

— Permite seleccionar se

desexa que as fontes web se actualicen automaticamente

durante a itinerancia.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

78