
Navegación polas páxinas
O Minimapa e a vista xeral da páxina axúdanlle a navegar
polas páxinas web que conteñen unha gran cantidade de
información.
Para activar o Minimapa, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Xeral
>
Minimapa
>
Activado
. Ao se desprazar por unha
páxina web grande, ábrese o Minimapa e amósase unha vista
xeral da páxina.
Para moverse dentro do Minimapa, desprácese á esquerda, á
dereita, arriba ou abaixo. Cando atope a posición desexada,
deteña o desprazamento. O Minimapa desaparece e vostede
queda na situación seleccionada.
Durante a navegación por unha páxina web que contén unha
gran cantidade de información, tamén pode utilizar a opción
Vista xeral de páxina para ver o tipo de información que
contén a páxina.
Prema 8 para ver unha descrición xeral da páxina web actual.
Para atopar o punto desexado da páxina web, desprácese
arriba, abaixo, á esquerda ou á dereita. Prema 8 de novo para
ampliar a imaxe e visualizar a parte da páxina web que
desexe.