
Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu produto,
ou se non está seguro do funcionamento do seu teléfono,
consulte as páxinas de axuda en www.nokia.com/support, o
sitio web de Nokia para o seu país, www.nokia.mobi/
support (dende un teléfono móbil), a aplicación Axuda do
dispositivo ou a guía do usuario.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das
seguintes opcións:
• Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería.
Pasado un minuto, volva a colocar a batería e acenda o
teléfono.
• Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo
indicado na guía de usuario. Eliminaranse os seus
documentos e ficheiros no restablecemento, así que faga
primeiro unha copia de seguridade dos seus datos.
• Actualice o software do seu dispositivo con regularidade
para obter un rendemento óptimo e posibles funcións
novas, como se explica na guía de usuario.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto
con Nokia para obter información acerca doutras opcións de
reparación. Consulte www.nokia.com/repair. Antes de enviar
a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade
dos datos do teléfono.
Manter o software do