Actualizacións de software polo
aire
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Teléfono
>
Actuali.
soft.
.
Con Software update (servizo de rede) pódese comprobar se
hai actualizacións dispoñibles para o software ou as
aplicacións do dispositivo e descargalas e instalalas no
dispositivo.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos (servizo de
rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga
suficiente ou conecte o cargador antes de iniciar a
actualización.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non
poderá utilizar o dispositivo, nin sequera para efectuar
chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de
seguridade dos datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.
Despois de actualizar o software ou as aplicacións do
dispositivo mediante Software update, é posible que as
instrucións relacionadas coas aplicacións actualizadas da
Guía do usuario ou das axudas non estean actualizadas.
Seleccione
Opcións
e entre as seguintes:
•
Iniciar actualización
— Permite descargar as
actualizacións dispoñibles. Para deseleccionar as
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
10
actualizacións que non quere descargar, seleccióneas na
lista.
•
Actualización vía o PC
— Permite actualizar o dispositivo
cun PC. Esta opción substitúe a opción Iniciar actualización
cando as actualizacións só están dispoñibles ao utilizar a
aplicación Nokia Software Updater PC.
•
Ver detalles
— Permite ver información dunha
actualización.
•
Ver historial actualiz.
— Permite visualizar o estado das
actualizacións anteriores.
•
Axustes
— Permite cambiar axustes, como o punto de
acceso predeterminado utilizado para descargar
actualizacións.
•
Renuncia
— Permite visualizar o acordo de licenza de
Nokia.