
dispositivo e das actualizacións
das aplicacións
Coas actualizacións do software do dispositivo e as
actualizacións das aplicacións, pode obter novas
características e funcións melloradas para o dispositivo. A
actualización do software pode mellorar tamén o
rendemento do dispositivo.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
9

Recoméndase que realice
unha copia de seguridade dos
seus datos persoais antes de
actualizar o software do
dispositivo.
Aviso: Se instala unha
actualización de software,
non poderá utilizar o
dispositivo, nin sequera para
efectuar chamadas de
emerxencia, ata completar a
instalación e reiniciar o
dispositivo. Asegúrese de
efectuar unha copia de
seguridade dos datos antes
de aceptar a instalación
dunha actualización.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a
transmisión de grandes cantidades de datos (servizo de
rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga
suficiente ou conecte o cargador antes de iniciar a
actualización.
Despois de actualizar o software ou as aplicacións do
dispositivo, é posible que as instrucións da guía de usuario
non estean xa actualizadas.