Nokia E55 - Localización de fallos

background image

Localización de fallos

Para ver as preguntas máis frecuentes sobre o dispositivo,

visite as páxinas de asistencia técnica do produto na web de

Nokia.

P: Que é un código de bloqueo, un PIN ou un PUK?

R: O código de bloqueo predeterminado é 12345. Se esquece

ou perde o código de bloqueo, póñase en contacto co

distribuidor do dispositivo. Se esquece ou perde un código

PIN ou PUK ou se non recibiu estes códigos, póñase en

contacto co fornecedor de servizos da rede.

P: Como saio dunha aplicación que non responde?

R: Prema a tecla Inicio e mantéñaa pulsada. Desprácese ata a

aplicación e prema a tecla Retroceso para cerrala.

P: Por que as imaxes se ven borrosas?

R: Asegúrese de que as ventás de protección da lente da

cámara están limpas.

P: Por que faltan puntos na pantalla ou aparecen

puntos descoloridos ou brillantes cada vez que

acendo o dispositivo?

R: Esta é unha característica deste tipo de pantalla. Algunhas

pantallas poden conter píxeles ou puntos que permanecen

activados ou desactivados. Trátase de algo normal e non é un

fallo.

P: Por que non atopo o dispositivo do meu amigo

cando utilizo a conectividade Bluetooth?

R: Comprobe que os dous dispositivos son compatibles, que

a conectividade Bluetooth está activada e que non están en

modo oculto. Comprobe tamén que a distancia entre os dous

dispositivos non é superior a 10 metros e que non hai paredes

nin outros obstáculos entre os dispositivos.

P: Por que non podo finalizar unha conectividade

Bluetooth?

R: Se outro dispositivo está conectado co seu, pode finalizar

a conexión utilizando o outro dispositivo ou desactivando a

conectividade Bluetooth. Seleccione

Menú

>

Pan.

control

>

Conectivid.

>

Bluetooth

e

Bluetooth

>

Desactivado

.

P: Por que non vexo un punto de acceso WLAN

cando sei que estou dentro da súa área de

cobertura?

R: Comprobe que o perfil Fóra de liña está desactivado.
O punto de acceso WLAN pode utilizar un identificador de

conxunto do servizo (SSID) oculto. Só é posible acceder a

redes que utilizan un SSID oculto se sabe o SSID correcto e

creou un punto de acceso WLAN para esta rede no dispositivo

Nokia.
Comprobe que o punto de acceso WLAN non está nos canais

12-13, xa que estes non se poden asociar.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

166

background image

P: Como apago a WLAN no dispositivo Nokia?

R: A WLAN apágase no dispositivo Nokia cando non está

intentando conectar, non está conectado a outro punto de

acceso nin está a buscar as redes dispoñibles. Para reducir

máis o consumo da batería, pode especificar que o

dispositivo Nokia non busque redes en segundo plano ou que

o faga con menos frecuencia. A WLAN apágase entre dúas

buscas en segundo plano.
Para deter as buscas en segundo plano, seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Conexión

>

LAN inalámbrica

>

Amosar dispoñib. WLAN

>

Nunca

. Isto non impide que se

poida seguir buscando manualmente as redes WLAN

dispoñibles e conectar con elas do xeito usual.
Para aumentar o intervalo da busca en segundo plano,

seleccione

Amosar dispoñib. WLAN

>

Si

e defina o

intervalo en

Buscar redes

.

P: Por que non podo navegar pola web se a

conexión WLAN funciona e os axustes do IP son

correctos?

R: Comprobe que definiu correctamente os axustes proxy

HTTP/HTTPS nos axustes avanzados do punto de acceso

WLAN.
P: Como comprobo a calidade do sinal da conexión

WLAN? — Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Conectivid.

>

Xest. conex.

e

Conexións de datos

activas

>

Opcións

>

Detalles

. Se a calidade do sinal é débil

ou moderada pode ter problemas de conexión. Probe outra

vez máis preto do punto de acceso.

P: Por que teño problemas co modo de

seguridade?

R: Comprobe que configurou correctamente o modo de

seguridade e que é o mesmo que utiliza a rede. Para

comprobar o modo de seguridade que utiliza a rede,

seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Conectivid.

>

Xest.

conex.

e

Conexións de datos activas

>

Opcións

>

Detalles

.

Comprobe tamén o seguinte: que ten o modo WPA correcto

(clave precompartida ou EAP), que desactivou todos os tipos

de EAP que non son necesarios e que todos os axustes do tipo

de EAP son correctos (contrasinais, nomes de usuario,

certificados).

P: Por que non podo seleccionar un contacto para

unha mensaxe?

R: Na ficha do contacto non aparece o número de teléfono, o

enderezo nin un enderezo de correo electrónico. Seleccione

Menú

>

Contactos

e edite a ficha do contacto.

P: A nota Recuperando mensaxe aparece

brevemente. Que acontece?

R: O dispositivo está intentando recuperar unha mensaxe

multimedia do centro de mensaxes multimedia. Esta nota

aparece se seleccionou

Menú

>

Mensaxería

e

Opcións

>

Axustes

>

Mensaxe multimedia

>

Recuperación

multimedia

>

Sempre automática

. Comprobe que os

axustes das mensaxes multimedia están definidos

correctamente e que non hai erros nos números de teléfono

nin nos enderezos.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

167

background image

P: Como podo finalizar a conexión de datos cando

o dispositivo reinicia a conexión continuamente?

R: Pode que o dispositivo estea intentado recuperar unha

mensaxe multimedia do centro de mensaxes multimedia.

Para que o dispositivo deixe de intentar establecer unha

conexión de datos, seleccione

Menú

>

Mensaxería

e

Opcións

>

Axustes

>

Mensaxe multimedia

>

Recuperación multimedia

>

Manual

para que o centro de

mensaxes multimedia garde as mensaxes e se recuperen

máis tarde ou

Desactivada

para ignorar todas as mensaxes

multimedia entrantes. Se selecciona

Manual

, recibe unha

notificación cando pode recuperar unha mensaxe

multimedia do centro de mensaxes. Se selecciona

Desactivada

, o dispositivo non establece ningunha conexión

de rede relacionada coas mensaxes multimedia.
Para axustar que o dispositivo utilice unha conexión de

paquete de datos só se vostede inicia unha aplicación que o

necesita, seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Conexión

>

Paquetes datos

>

Conexión paquetes

datos

>

Se cómpre

.

Se isto non funciona, apague o dispositivo e vólvao acender

seguidamente.

P: Como podo aforrar enerxía da batería?

R: Moitas funcións do dispositivo aumentan a demanda de

enerxía da batería e reducen a súa vida útil. Para aforrar a

enerxía da batería, faga o seguinte:
• Apague o Bluetooth cando non o necesite.
• Deteña as buscas de WLAN en segundo plano. Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Conexión

>

LAN

inalámbrica

>

Amosar dispoñib. WLAN

>

Nunca

. Isto

non impide que se poida seguir buscando manualmente

as redes WLAN dispoñibles e conectar con elas do xeito

usual.

• Axuste o dispositivo para que utilice unha conexión de

paquete de datos só se vostede inicia unha aplicación ou

unha acción que o necesite. Seleccione

Menú

>

Pan.

control

>

Axustes

e

Conexión

>

Paquetes datos

>

Conexión paquetes datos

>

Se cómpre

.

• Evite que o dispositivo descargue automaticamente

mapas novos na aplicación Mapas. Seleccione

Menú

>

Aplicacións

>

GPS

>

Mapas

e

Opcións

>

Ferramentas

>

Axustes

>

Internet

>

Conectar ao

inicio

.

• Cambie o tempo límite para a desconexión da iluminación.

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Xeral

>

Personalización

>

Pantalla

>

Duración luz

.

• Cerre as aplicacións que non está a usar. Prema a tecla

Inicio e mantéñaa pulsada. Desprácese ata a aplicación e

prema a tecla Retroceso para cerrala.

© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.

168