
Mensaxería
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
En Mensaxería (servizo de rede) pode enviar e recibir
mensaxes de texto, multimedia, de audio e de correo
electrónico. Tamén pode recibir mensaxes do servizo de web,
mensaxes de difusión celular, mensaxes especiais con datos
e comandos do servizo de envío.
É posible que teña que facer o seguinte antes de enviar ou
recibir mensaxes:
• Insira unha tarxeta SIM válida no dispositivo e sitúese
dentro da zona de servizo dunha rede de telefonía móbil.
• Verifique que a rede admite as funcións de mensaxes que
quere utilizar e comprobe que están activadas na tarxeta
SIM.
• Configure o punto de acceso a Internet no dispositivo.
• Configure a conta do correo electrónico no dispositivo.
• Configure as mensaxes de texto no dispositivo.
• Configure as mensaxes multimedia no dispositivo.
É posible que o dispositivo recoñeza o fornecedor da tarxeta
SIM e que configure automaticamente algúns axustes de
mensaxe. Se non é así, pode que teña que definir os axustes
manualmente ou poñerse en contacto co fornecedor de
servizos para que lle configure os axustes.