
Cartafoles de mensaxes
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
.
As mensaxes e os datos recibidos mediante a conectividade
Bluetooth gárdanse no cartafol Caixa de entrada. As
mensaxes de correo electrónico gárdanse no cartafol Caixa
de entrada. As mensaxes escritas pódense gardar no cartafol
Borradores. As mensaxes que están a espera de enviarse
gárdanse no cartafol Caixa de saída e as mensaxes enviadas,
excluídas as mensaxes de Bluetooth, gárdanse no cartafol
Enviadas.
Suxestión: As mensaxes gárdanse na carpeta Caixa de
saída, por exemplo, cando o dispositivo non ten
cobertura.
Nota: O texto ou a icona de mensaxe enviada que
aparece na pantalla do dispositivo non indican se se recibiu
a mensaxe no destino desexado.
Para solicitar que a rede lle envíe un informe de entrega das
mensaxes de texto e mensaxes multimedia que enviou
(servizo de rede), seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Mensaxe texto
>
Informe de recepción
ou
Mensaxe
multimedia
>
Informes recepción
. Os informes gárdanse
no cartafol Informes.