
Configurar o correo electrónico
Co asistente de correo electrónico, pode configurar a súa
conta de correo corporativa, por exemplo Microsoft Outlook
ou Mail for Exchange e a súa conta de correo na Internet.
Cando configura o seu correo corporativo, é posible que lle
pidan o nome do servidor asociado co seu enderezo de correo
electrónico. Para obter máis información, póñase en contacto
co departamento de TI da súa empresa.
1. Para abrir o asistente, na pantalla de inicio, seleccione
Configurar o correo
.
2. Introduza o seu enderezo de correo electrónico e o
contrasinal. Se o asistente non pode configurar
automaticamente os axustes de correo, terá que
seleccionar o tipo de conta e introducir os axustes de
conta relacionados.
Se o seu dispositivo contén clientes de correo adicionais,
aparecerán cando abra o asistente.