Información de cela
Seleccione
Menú
>
Mensaxería
e
Opcións
>
Información
de cela
.
Co servizo de rede de información de cela, pode recibir
mensaxes sobre varios temas do seu fornecedor de servizos
como información sobre o tempo ou o estado do tráfico
nunha rexión determinada. Para obter información sobre
cómo ver os temas dispoñibles e o números de temas
relevantes, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
As mensaxes de información de cela non se poden recibir
cando o dispositivo está no modo de SIM remota. Unha
conexión de paquete de datos (GPRS) pode impedir a
recepción da información de cela.
As mensaxes de información de cela non se poden recibir en
redes UMTS (3G).
Para recibir mensaxes de información de cela, ten que activar
a recepción de información de cela. Seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Recepción
>
Activada
.
Para ver mensaxes relacionadas cun tema, desprácese ata o
tema e seleccióneo.
Para ver mensaxes relacionadas cun tema, seleccione
Opcións
>
Subscribirse
.
Suxestión: Pode establecer temas importantes como
temas de interese. Se lle notifica na pantalla de inicio,
cando recibe unha mensaxe relacionada cun tema de
interese. Seleccione un tema e
Opcións
>
Marcar
.
Para engadir, editar ou eliminar temas, seleccione
Opcións
>
Tema
.