
Recibir e responder a mensaxes
multimedia
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes,
xa que é posible que conteñan software nocivo ou daniño
para o dispositivo ou o ordenador.
Suxestión: Se recibe mensaxes multimedia que
conteñen obxectos non admitidos polo dispositivo,
non poderá abrilos. Probe a envialos a outro
dispositivo, como un ordenador, e ábraos alí.
1. Para responder a unha mensaxe multimedia, ábraa e
seleccione
Opcións
>
Responder
.
2. Seleccione
Ao remitente
para responderlle ao remitente,
A todos
para responderlles a todas as persoas incluídas
na mensaxe recibida,
Por mensaxe de audio
para
responder cunha mensaxe de audio ou
Por correo
para
responder cunha mensaxe de correo electrónico. A
mensaxe de correo electrónico só está dispoñible se hai
unha caixa do correo configurada e se a mensaxe se envía
desde un enderezo de correo electrónico.
Suxestión: Para engadirlles destinatarios á
resposta, seleccione
Opcións
>
Engadir
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
49

destinatario
para escoller os destinatarios da
mensaxe na lista de Contactos ou introduza
manualmente os números de teléfono ou os
enderezos de correo electrónico no campo
Para
.
3. Introduza o texto da mensaxe e seleccione
Opcións
>
Enviar
.