
Facer fotos
Seleccione
Menú
>
Multimedia
>
Cámara
ou prema o
botón disparador para activar a cámara.
O dispositivo admite unha resolución de captura de imaxes
de 2048 x 1536 píxeles. A resolución de imaxe amosada nesta
guía pode ter un aspecto diferente.
Para facer unha foto, utilice a pantalla como visor e prema o
botón disparador. O dispositivo garda a foto na Galería.
Para ampliar ou reducir a foto antes de facela, utilice as teclas
do zoom.
A barra activa de ferramentas dispón de atallos a elementos
e axustes diferentes antes e despois de facer fotos ou de
gravar un vídeo. Seleccione un elemento da barra de
ferramentas e prema a tecla de desprazamento.
Cambiar a modo de foto.
Cambiar a modo de vídeo.
Seleccionar a escena.
Acender ou apagar a luz de vídeo (só no modo de vídeo).
Seleccionar o modo de flash (só fotos).
Activar o temporizador automático (só fotos).
Activar o modo de secuencia (só fotos).
Seleccionar un ton de cor.
Axustar o balance de brancos.
Axustar a compensación da exposición (só fotos).
As opcións dispoñibles poden variar dependendo do modo
de captura e da vista no que se encontre. Despois de pechar
a cámara restablécense os axustes predeterminados.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
102

Para personalizar a barra de ferramentas da cámara, cambie
ao modo de foto e seleccione
Opcións
>
Personaliz. barra
ferram.
.
Para ver a barra de ferramentas antes e despois de facer unha
foto ou de gravar un vídeo, seleccione
Opcións
>
Mostrar
barra de ferram.
.
Para ver a barra de ferramentas só cando a necesite,
seleccione
Opcións
>
Ocultar barra ferram.
.