
Os meus vídeos
Os meus vídeos é unha localización de almacenaxe para todos
os videoclips da aplicación Centro de vídeo. É posible obter
unha lista dos videoclips descargados e dos gravados coa
cámara do teléfono en vistas separadas.
1. Para abrir un cartafol e ver videoclips, utilice a tecla de
desprazamento. Durante a reprodución do videoclip,
utilice a tecla de desprazamento e as teclas de selección
para controlar o reprodutor de vídeo.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
117

2. Para axustar o volume, prema a tecla de volume.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as seguintes:
•
Proseguir descarga
— Continuar unha descarga en
pausa ou con erros.
•
Cancelar descarga
— Cancelar unha descarga.
•
Detalles do vídeo
— Ver información sobre un videoclip.
•
Buscar
— Buscar un videoclip. Introduza un termo de
busca que coincida co nome do ficheiro.
•
Mostrar pola rede dom.
— Reproducir un videoclip
descargado nunha rede doméstica compatible. Primeiro
cómpre configurar a rede doméstica.
•
Estado da memoria
— Ver o total de memoria libre e en
uso.
•
Ordenar por
— Ordenar videoclips. Seleccione a categoría
desexada.
•
Mover e copiar
— Mover ou copiar videoclips. Seleccione
Copiar
ou
Mover
e a situación desexada.