
Barra de ferramentas activa
A barra de ferramentas activa só está dispoñible se
seleccionou unha foto ou un videoclip nunha vista.
Na barra de ferramentas activa, vaia aos diferentes
elementos e seleccione a opción requirida. As opcións
dispoñibles poden variar dependendo da vista na que se
encontra e de se seleccionou unha foto ou un videoclip.
Para ocultar a barra de ferramentas, seleccione
Opcións
>
Ocultar iconas
. Para activar a barra de ferramentas activa
cando está oculta, prema a tecla de desprazamento.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
108

Seleccione unha foto ou un videoclip e unha das opcións
seguintes:
Reproducir o videoclip.
Enviar a foto ou o videoclip.
Cargar a foto ou o videoclip a un álbum en liña compatible
(só dispoñible se ten configurada unha conta para un álbum
en liña compatible).
Engadir o elemento a un álbum.
Xestionar etiquetas e outras propiedades do elemento.