
Escoitar emisoras de radio pola
Internet
Seleccione
Menú
>
Multimedia
>
Radio
>
Radio de
Internet
.
Para escoitar unha emisora de radio pola Internet, siga os
pasos que se describen a continuación:
1. Seleccione unha emisora das súas favoritas ou do
directorio de emisoras, ou búsqueas segundo o seu nome
no servizo Radio pola Internet de Nokia.
Para engadir manualmente unha emisora, seleccione
Opcións
>
Eng. emis. manualm.
. Tamén pode buscar
ligazóns a emisoras con a aplicación de navegador web.
As ligazóns compatibles ábrense automaticamente na
aplicación Radio pola Internet.
2. Seleccione
Escoitar
.
Abrirase a vista Reproducindo e amosarase información
acerca da emisora e a canción que se están reproducindo
nese momento.
Para facer unha pausa na reprodución, prema a tecla de
desprazamento; para continuar, prema a tecla de
desprazamento de novo.
Para ver a información da emisora, seleccione
Opcións
>
Información emisora
(non dispoñible se gardou a emisora
manualmente).
Se está escoitando unha emisora gardada nos seus favoritos,
desprácese á esquerda ou á dereita para escoitar a emisora
anterior ou posterior gardada.