
Reproducir cancións
Para engadir todas as cancións dispoñibles na discoteca,
seleccione
Opcións
>
Actualizar biblioteca
.
Para reproducir unha canción, seleccione a categoría
requirida e a canción.
Para facer unha pausa na reprodución, prema a tecla de
desprazamento. Para continuar, vólvaa premer. Para deter a
reprodución, desprace cara a abaixo.
Para rebobinar ou avanzar rapidamente, prema e manteña
pulsada a tecla de desprazamento á esquerda ou á dereita.
Para pasar ao seguinte elemento, desprace á dereita. Para
volver ao inicio do elemento, desprace á esquerda. Para pasar
ao elemento anterior, volva desprazar á esquerda dentro dos
dous primeiros segundos da canción que se está a reproducir.
Para modificar o ton da reprodución musical, seleccione
Opcións
>
Ecualizador
.
Para modificar o balance e a imaxe estéreo ou para ampliar
o baixo, seleccione
Opcións
>
Axustes
.
Para volver á pantalla de inicio e deixar o reprodutor soando
en segundo plano, prema a tecla Rematar.