
Crear entradas de axenda
Seleccione
Menú
>
Axenda
.
Pode crear os seguintes tipos de entradas de axenda:
• As entradas de encontros lémbranlle os acontecementos
que teñen lugar nunha data e hora determinadas.
• As solicitudes de encontro son invitacións que pode enviar
aos participantes. Antes de poder crear solicitudes de
encontro debe ter unha caixa do correo compatible
configurada no dispositivo.
• As entradas de memorando son para acontecementos
relativos ao día sen especificar a hora.
• As entradas de aniversario lémbranlle os aniversarios e as
datas especiais. Refírense a un día determinado pero non
a unha hora concreta do día. As entradas de aniversario
repítense todos os anos.
• As entradas de tarefas lémbranlle unha tarefa que debe
facerse antes dunha data determinada pero non a unha
hora concreta do día.
Para crear unha entrada de axenda, seleccione a data,
Opcións
>
Nova entrada
e o tipo de entrada.
Para axustar a prioridade das entradas de encontro,
seleccione
Opcións
>
Prioridade
.
Para definir como tratar a entrada durante a sincronización,
seleccione
Privados
para ocultar a entrada aos visitantes se
a axenda está dispoñible en liña,
Públicos
para facer a
entrada visible aos visitantes ou
Ningún
para non copiar a
entrada no ordenador.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
38

Para enviar a entrada a un dispositivo compatible, seleccione
Opcións
>
Enviar
.
Para solicitar un encontro dunha entrada de encontro,
seleccione
Opcións
>
Engadir participantes
.