
Files on Ovi
Mediante Files on Ovi, é posible empregar o seu Nokia E55
para acceder a contido do ordenador se se atopa acendido e
conectado á Internet. Cómpre instalar a aplicación Files on
Ovi en todos os ordenadores aos que desexe acceder
mediante Files on Ovi.
É posible probar a aplicación Files on Ovi durante un período
de proba limitado.
Mediante Files on Ovi, é posible:
• Examinar, buscar e visualizar as súas imaxes. Non é
necesario cargar as imaxes no sitio web, pero é posible
acceder ao contido do ordenador mediante o dispositivo
móbil.
• Examinar, buscar e visualizar os seus ficheiros e
documentos.
• Transferir cancións do ordenador ao dispositivo.
• Enviar ficheiros e cartafoles dende o ordenador sen
necesidade de movelos a ou dende o seu dispositivo antes.
• Acceder aos ficheiros do ordenador incluso cando o
mesmo se atopa apagado. Simplemente seleccione os
cartafoles e ficheiros que desexa que se atopen
dispoñibles, e Files on Ovi realizará automaticamente
unha copia actualizada que almacenará nunha
localización de almacenaxe en liña protexida para acceder
a ela incluso cando o ordenador se atopa apagado.
Para instalar Files on Ovi:
1. Seleccione
Menú
>
Oficina
e Files on Ovi.
2. Lea a información da pantalla e seleccione
Continuar
.
3. Seleccione o campo correspondente ao correo
electrónico, introduza o seu enderezo de correo
electrónico e seleccione
Feito
e
Enviar
.
O servizo Files on Ovi enviaralle un correo electrónico con
información de introdución.
Para obter asistencia técnica, consulte a páxina files.ovi.com/
support.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
42