
Funcións principais
O novo Nokia E55 axúdalle a xestionar a información do
traballo e a persoal. Algunhas das funcións principais:
Ler e responder ao correo electrónico desde
calquera lugar.
Manterse informado e planificar reunións coa
aplicación Axenda.
Xestionar contactos do traballo e amigos coa
aplicación Contactos.
Conectar a rede LAN sen fíos (WLAN) coa aplicación
Asistente para WLAN.
Traballar con documentos, follas de cálculo e
presentacións coa aplicación Quickoffice.
Procurar puntos de interese coa aplicación Mapas.
Cambiar do modo de traballo ao modo persoal.
Editar a aparencia e a configuración da pantalla
de inicio coa aplicación Modos.
Navegar pola Intranet corporativa coa aplicación
Intranet.
Transferir a información de contactos e da axenda
dun dispositivo vello ao Nokia E55 coa aplicación
Cambio.
Comprobar as actualizacións dispoñibles para as
aplicacións e descargalas no dispositivo coa
aplicación Actualizar software.
Cifrar o dispositivo ou a tarxeta de memoria para
impedir que terceiros accedan a información
importante.