
Multitarefas
Pode ter abertas varias aplicacións ao mesmo tempo. Para
cambiar entre as aplicacións activas, manteña premida a
tecla de inicio, desprácese a unha aplicación e prema a tecla
de desprazamento. Para pechar a aplicación seleccionada,
prema a tecla de retroceso.
Exemplo: Cando teña unha chamada de teléfono
activa e desexe comprobar a súa axenda, prema a tecla
de inicio para acceder ao menú e abra a aplicación
Axenda. A chamada seguirá activa en segundo plano.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
41

Exemplo: Cando estea a escribir unha mensaxe e
desexe comprobar un sitio web, prema a tecla de inicio
para acceder ao menú e abra a aplicación Web.
Seleccione un favorito ou introduza o enderezo web
manualmente e seleccione
Ir a
. Para volver á súa
mensaxe, manteña premida a tecla de inicio,
desprácese á mensaxe e prema a tecla de
desprazamento.