
Pantalla de inicio
Dende a pantalla de inicio pode acceder rapidamente ás
aplicacións máis frecuentes, ademais de ver se ten chamadas
perdidas ou novas mensaxes.
Sempre que vexa a icona , desprácese á dereita para
acceder á lista de accións dispoñibles. Para pechar a lista,
desprácese á esquerda.
A pantalla de inicio consta do
seguinte:
1. Accesos directos ás aplicacións.
Para acceder a unha aplicación,
seleccione o acceso directo da
aplicación.
2. Espazo de información. Para
comprobar un elemento
amosado no espazo de
información, seleccione ese
elemento.
3. Espazo de notificación. Para ver
as notificacións, desprácese
ata unha caixa. As caixas só están visibles se conteñen
elementos.
Pode definir dúas pantallas de inicio independentes para
distintos fins; por exemplo, unha pantalla para amosar
notificacións e correo do traballo, e outra para amosar o
correo persoal. Deste xeito, non terá por que ver as mensaxes
do traballo fóra de horas de oficina.
Para alternar entre as dúas pantallas de inicio, seleccione
.
Para definir os elementos e accesos directos da pantalla de
inicio, e para fixar o aspecto da pantalla de inicio, seleccione
Menú
>
Pan. control
e
Modos
.