
Traballar na pantalla de inicio
Para buscar contactos na pantalla de inicio, introduza os
primeiros caracteres do nome do contacto. Seleccione o
contacto requirido na lista dos resultados suxeridos. Pode
que esta función non estea dispoñible en todos os idiomas.
Para chamar ao contacto, prema a tecla Chamar.
Para desactivar a busca de contactos, seleccione
Opcións
>
Busca contactos desact.
.
Para ver se recibiu mensaxes, seleccione o cadro de mensaxes
da área de notificacións. Para ler unha mensaxe, selecciónea.
Para acceder a outras tarefas, desprácese á dereita.
Para ver se ten chamadas perdidas, seleccione o cadro de
chamadas da área de notificacións. Para devolver unha
chamada, seleccione a chamada e prema a tecla Chamar. Para
enviar unha mensaxe de texto ao emisor da chamada,
seleccione a chamada, desprácese á dereita e seleccione
Enviar mensaxe
para obter unha lista das funcións
dispoñibles.
Para escoitar o correo de voz, seleccione o cadro de correo de
voz da área de notificacións. Seleccione a caixa do correo de
voz requirida e prema a tecla Chamar.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
36