
Tecla inicio
Para acceder á pantalla de inicio, prema un intre a tecla inicio.
Prema de novo brevemente a tecla inicio para acceder ao
menú.
Para ver a lista de aplicacións activas, prema a tecla inicio
durante uns segundos. Cando se abra a lista, prema un intre
a tecla inicio para desprazarse pola lista. Para abrir a
aplicación seleccionada, prema a tecla inicio durante uns
segundos ou ben prema a tecla de desprazamento. Para
pechar a aplicación seleccionada, prema a tecla de retroceso.
Deixar aplicacións executándose en segundo plano aumenta
o consumo de enerxía e reduce a duración da batería.